Data inicio: 2015/04/22
Data fin: 22/04/2015
Lugar: Escola Politécnica Superior, Lugo.
O vindeiro 22 de abril, día da Terra, na Escola Politécnica Superior de Lugo terá lugar unha xornada para difundir o feito de que o ano 2015 foi designado pola ONU Ano Internacional do Solo.
A xornada consistirá nunha conferencia, un acto académico no que intervirán, ademais do Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, que o presidirá, o Secretario Xeral de Medio Rural e Montes da Xunta de Galicia, o director da EPS, a presidenta da delegación territorial de Galicia da SECS e o director do departamento de Edafoloxía e Q.A. da USC. A xornada rematará coa inauguración, na EPS, da exposición itinerante preparada pola SECS con motivo do 2015 Ano Internacional do Solo.
O horario destas actividades é:
12 h. Conferencia no salón de actos da EPS: Traxectoria da “Escola de Edafoloxía de Galicia”. Dra. Dona Tarsy Carballas. CSIC Santiago de Compostela.
13 h. Acto Académico, presidido polo Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, no mesmo lugar.
13:30 h. Inauguración da exposición itinerante da SECS: “Os Solos e a Biodiversidade Forestal”.
Español





Control OJD