Data inicio: 15/12/2015
Data fin: 15/12/2015
Lugar: San Sadurniño, La Coruña, España
«Sansa xove: o novo rural» é un proxecto deseñado polas áreas de Emprego e Desenvolvemento Local que ten como obxectivos a concienciación da mocidade con idades entre 16 e 35 anos sobre as oportunidades laborais que ofrece o medio rural, contribuír ao asentamento da xente nova no territorio, mellorar o coñecemento e as habilidades deste ámbito da poboación para adaptárense ao mercado laboral, o fomento do uso das TIC como ferramenta de aprendizaxe para o traballo e, por último, prestarlles servizos de orientación laboral e asesoramento para o emprendemento. Estes contidos abordaranse nun curso centrado na agricultura ecolóxica que se desenvolverá desde o 30 de outubro ata o 15 de decembro. O prazo de inscrición abre o próximo martes, día 13.
180 horas de formación do 30 de outubro ao 15 de decembro
Serán 180 horas que abordarán a prevención de riscos laborais na agricultura, a comercialización e venda electrónica, a transformación e obtención de maior valor engadido e varios módulos transversais, como son o de busca de emprego, o de emprendemento e o de igualdade. Porén, o groso do programa ocuparase das técnicas empregadas na produción de alimentos ecolóxicos e, nomeadamente, na agricultura, na fructicultura, na apicultura e na avicultura.
Ofertaranse 15 prazas e dirixidas a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. A prioridade de acceso establecerase atendendo a perfís con baixa ou nula cualificación, persoas demandantes do primeiro emprego e pola antigüidade como demandantes, dándolle prioridade no caso de empate ás mulleres.
O curso -que non conleva achega económica para as persoas participantes- comezará o 30 de outubro e finalizará o 15 de decembro en horario de 8.30 a 14.00h. de luns a venres. O prazo de inscrición permanecerá aberto do 13 ao 27 de outubro -ambos incluídos- e deberá facerse enchendo este formulario de solicitude que despois se deberá remitir cuberto a [email protected].
Outra opción é pasar polo Concello e apuntarse de forma presencial, tanto na Oficina de Emprego e Desenvolvemento local como na de Orientación laboral. Hai máis información chamando ao 981 490 027 (ext. 2).
Español





Control OJD