Data inicio: 20/02/2016
Data fin: 20/02/2016
Lugar: Arzúa (Santa María), La Coruña, España
Pola mañá, no local da Asociación de Veciños de Santa María, en Arzúa, a Asociación Galega de Apicultura (AGA) vai presentar o programa de investigación Stop Velutina, que porá en marcha a partir do mes de marzo, para o cal se precisa a colaboración de todos os asociados. A continuación sucederanse as palestras de laboratorios e apicultores/as que teñan algún método ou experiencia sobre o control da Vespa velutina. As persoas que queiran participar nestas palestras que o comuniquen a AGA antes do 10 de febreiro.
Pola tarde, continuarán as palestras sobre a velutina e despois os laboratorios presentes farán unha presentación dos produtos para o tratamento da varroa, con fin de aclarar dúbidas e informar sobre os desparasitantes máis axeitados para utilizar nesta campaña.
Durante todo o día poderanse adquirir materiais tanto dos que entran no Plan apícola coma outros que teremos á venda como sempre na nave de Erica Mel. Tamén estarán as empresas Apícola Carballal, Angel Romero e Macmel. Haberá servizo de reciclado de cera. O persoal de AGA atenderá no Centro de Divulgación do Queixo e do Mel sobre asuntos da asociación e o subministro de trampas e atraíntes para o programa da Vespa velutina.
Programa:
Ás 10 horas apertura de instalacións
Ás 11 horas. Sesión sobre Vespa velutina, presentación do programa de loita de AGA contra a vespa velutina, presentación de métodos de control por distintos laboratorios, métodos presentados por apicultores con experiencia neste campo.
Ás 13 horas. Asemblea Xeral de AGA
Ás 16 horas. Continuación da sesión sobre a Vespa velutina e sesión sobre os tratamentos da varroa.
Este ano, dado que temos sesión de mañá e tarde, non se pecharán as instalacións. Será xornada continuada dende as 10 da mañá ata as 6 da tarde.
Ás 18 horas. Clausura da xornada