Data inicio: 2015/10/14
Data fin: 14/10/2015
Lugar: Vilar de Santos, Ourense, España
14 de outubro na Arca de Noé (Vilar de Santos)
Encontro para a mocidade labrega en particular e para toda a mocidade en xeral que mira para o rural como un medio de vida e que precisa vías e solucións colectivas para canalizar proxectos, ideas, inquedanzas e camiños comúns.
Precisamos iniciativas pora un medio rural vivo, sostible e con futuro e este encontro trata de ser iso, xunto con outros catro encontros en Compostela, Lalín, Betanzos e Lugo e unha xornada final para ir dando solucións ós diferentes problemas que as labregas mozas detecten nos encontros. Hai futuro para o rural se o construimos ou (re)construimos entre todas!
Camiñemos logo para encontrarnos na Arca de Noé para encetar este camiño, que ao mellor é angosto e cheo de pedras, pero no que de seguro, baixo as premisas da fraternidade e a solidariedade, se poderán dar pequenos pasos para unha Galiza que vexa no rural: «tuba de espertar ou camiño que nunca se desanda», soños, utopía e esperanza.
Español






Control OJD