Data inicio: 2015/06/07
Data fin: 07/06/2015
Lugar: Ramil, Agolada, Pontevedra, España
Deixa as túas compras para este día!
Celebraremos nesta xornada a VII edición das Feiras na Eira da Xoana, na que:
Participarán diferentes agricultores/as e artesáns/ás con produtos moi variados: iogures, queixos, marmeladas, hortalizas, verduras, plantas, produtos de hixiene e cosmética natural, artesanía variada… son só unha pequena mostra das cousas que poderás atopar na leira da Eira da Xoana este día dende as 11.30 ata 19.00 ou 20.00 horas.
Haberá bebidas e xantar por unha aportación solidaria: polbo, callos…
Contaremos con animación musical e diferentes actividades das que en breve informaremos.
– Se te animas a participar na feira con algunha actuación musical ou con outras propostas, fainos chegar un email para poder ir organizando a programación.
– Se es produtor/a ou artesán/á e queres colocar o teu posto na feira, podes descargar información que quizais che interese neste enlace.
Contacta
Español





Control OJD