Data inicio: 2015/08/29
Data fin: 29/08/2015
Lugar: Cumbraos, Lugo, España
O Colectivo Agrogay da Ulloa organiza a segunda edición deste festival que terá lugar na Granxa Maruxa, situada na aldea de Cumbraos, a 3 quilómetros de Monterroso, en Lugo, o lugar de producción das coñecidas galletas «Maruxas de Nata».
O evento naceu para mostrar, defender e dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial, e o ecoloxismo; defendendo a diversidade, tanto social como natural.
No referido ao programa, en «Son Agrogay» haberá música, artesanía, obradoiros e poesía. As 12 haberá unha Asemblea para discutir sobre a axenda LGTBIQ no rural e as 17 haberá a lectura dun manifesto e a entrega dos premios á Visibilidade Agrogay.
Davide Salvado e De Vacas actuarán a partir das 17:30 horas. Pola noite, os asistentes farán unha «integración na Vila de Monterroso» acompañados da Asociación Cultural Entropía Folk.
A organización explica que todos os ingresos obtidos da venda de entradas, a só cinco euro, e as mercadorías serán destinados a cubrir os gastos do evento.
Español





Control OJD