Data inicio: 2015/10/09
Data fin: 10/10/2015
Lugar: Viana do Bolo, Ourense, España
O lema desta Reunión é «Pastos, gandeiría e territorio nas áreas de montaña». A SGPF procurou que os temas a tratar estiveran vinculados a experiencias reais dos autores das presentacións. Consideran que son de grande interese para todas as persoas implicadas no desenvolvemento e mellora das áreas de montaña ou similares. Ao tempo que se pretende un intercambio de coñecementos e mesmo de experiencias persoais entre os participantes.
As xornadas celebraranse no salón de actos da Casa da Cultura de Viana do Bolo (Ourense)
Programa das xornadas
Día 9 de outubro
9:30 – 10:00 h Recepción de asistentes e saúdo do Alcalde do Concello de Viana do Bolo.
10:00 – 10:30 h Experiencias na mellora de pastos na alta montaña lucense. José Manuel Gomez Santín (Gandeiro de vacún carne, en Cervantes – Lugo) e Víctor Álvarez Arias (Enxeñeiro T. Agrícola, Consellería do Medio Rural)
10:30 – 11:00 h Evolución das actividades agro-gandeiras na comarca do Bolo no período 2005-2015. Secundino Fernández (Enxeñeiro de Montes, OAC de Viana do Bolo)
11:00 – 11:30 h Desenvolvemento de explotacións gandeiras beneficiosas (O minifundio non debe ser un problema). Koldo Osoro Otaduy, (Veterinario, Investigador do SERIDA – Asturias)
11:30 – 12:00 h Debate sobre os temas tratados.
12:00 – 12:15 h Pausa para café.
12:15 – 12:45 h Que facer coas nosas labranzas? Análise económica dunha pequena explotación. Marcos Vazquez Marey (Enxeñeiro T. Agrícola. Presidente de AGAMAC)
12:45 – 13:15 h Experiencia de iniciación da cría de cabras nos Ancares. Miguel Cordero Souto (Enxeñeiro de Montes, Laboratorio do Territorio (USC) e gandeiro incorporado)
13:15 – 13:45 h Implantación e manexo de pradeiras biodiversas de sequeiro. Joel Presa (Enxeñeiro Agrónomo, FERTIPRADO – Portugal)
13:45 – 14:15 h Debate sobre os temas tratados.
14:15 – 16:30 h Xantar no Restaurante A NOSA CASA de Viana do Bolo. 16:30 – 19:30 h Visita a explotacións de vacún de carne do entorno dos montes da Gonza (concellos da Veiga e Viana do Bolo).
Día 10 de outubro
9:30 – 10:00 h Recepción de asistentes.
10:00 – 10:30 h Pastos e Territorio : pasado, presente ou futuro. Quico Ónega López (Enxeñeiro Agrónomo, Laboratorio do Territorio (USC) e gandeiro de ovino, Lugo)
10:30 – 11:10 h O relevo xeracional como alternativa. Lina García García (Enxeñeira Agrónoma e gandeira de vacún incorporada, Viana do Bolo) Xavier Fernández Arias (Biólogo e gandeiro de ovino e vacún incorporado, Cospeito)
11:10 h Visita ás explotacións de ovino de carne de Nieves Fernández Vidueira en Quintela do Pando (Viana do Bolo) e de pluriactividade (viñedo, ovino de carne, vacún de leite, adega e queixería) na Ladeira da Mata (Manzaneda).
14:30 Xantar no restaurante PENDON de Manzaneda.
Inscripcións
Lembrar que as inscricións faranse ata o de outubro polos medios habituais de contacto da SGPF no enderezo [email protected] e nos teléfonos 619 032 791 – 686 620 654 – 650 506 538
A cota de inscrición servirá para sufragar o custe da comida.
Con posterioridade a SGPF enviará un correo indicando un listado de aloxamentos (hoteis e casas rurais) máis próximos para aqueles que decidan pernoctar na zona.
Español





Control OJD