Data inicio: 17/03/2015
Data fin: 30/03/2015
Lugar: Mazaricos, A Picota, Spain
Este obradoiro pretende impulsar a creación de emprego estable no medio rural dende a fórmula empresarial cooperativa. A matrícula está aberta a todas aquelas persoas interesadas, especialmente a mozos e mulleres, con espírito emprendedor e ganas de aprender.
Cun formato aberto ao diálogo, o “Obradoiro de emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidade de negocio” motivará aos asistentes na idea de emprender un negocio contemplando os factores clave imprescindibles para a súa posta en marcha como a xeración e maduración de ideas, as distintas axudas públicas vixentes, ou cuestións relacionadas co marketing, entre outros, ademais de aprender a elaborar un Plan de Empresa.
Ademais exporanse casos reais de iniciativas empresariais de éxito no contorno rural que sirvan de estímulo aos participantes. O equipo docente está integrado por técnicos especialistas de diversas áreas da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias.
Esta acción formativa desenvólvese no marco da Rede Eusumo, unha iniciativa de intercooperación impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para fomentar o espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de actuación.
– Lugar: Centro da Rede Eusumo Agrupación de Mazaricos (Mazaricos, Zas, Vimianzo, Dumbría e Carnota (Avda. 13 de abril nº 59- A Picota)
– Datas: 17,18,19, 24, 25, 26 e 30 de marzo de 2015 de 16:00 a 19:00 h
A inscrición pode facerse, ademais, a través do correo electrónico [email protected] ou dos teléfonos 981 584 783 / 981 584 911.
Español





Control OJD