Data inicio: 24/04/2015
Data fin: 24/04/2015
Lugar: Lamansian, 15318 Abegondo, La Coruña, España
A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) organiza este venres 24 de abril a 1ª Reunión de Primavera, que terá lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).
Nesta primeira ocasión, a Reunión de Primavera xirará entorno ó sector leiteiro, con presentacións dos investigadores do CIAM sobre os sistemas forraxeiros asociados á produción láctea, unha mesa redonda titulada «O complexo lácteo galego na encrucillada» e, pola tarde, visitas ó LIGAL e ós campos de ensaio do CIAM.
Tedes á vosa disposición un formulario online para a inscrición á Reunión:
http://www.ciam.es/pdf/xornadas/formulario.pdf
Máis información do evento no Facebook da SGPF:
https://www.facebook.com/events/1374858819510743/
Programa das xornadas:
PROGRAMA:
10:00 – 10:15
Benvida aos asistentes
Manuel López Luaces (director do CIAM)
- Eloi Villada Legaspi (presidente da SGPF)
10:15-10:45
A produción forraxeira na España húmida:
catro décadas de traballo investigador
Juan Piñeiro Andión
10:45-11:15
Aspectos da fertilización racional
das pradeiras e cultivos forraxeiros
Dolores Báez Bernal e Mª Isabel García Pomar
11:15-11:45
A produtividade dos sistemas de produción de leite en base a pastos: efecto das leguminosas forraxeiras
César Resch Zafra
11:45-12:00
Coloquio
12:00-12:30
Pausa – Café
12:30-13:00
A estrutura produtiva das explotacións de leite de Galicia
Bruno Fernández Lorenzo
13:00-13:30
Dietas típicas e calidade do leite en explotacións leiteiras de Galicia
Gonzalo Flores Calvete
13:30-14:30
Mesa redonda:
O complexo lácteo galego na encrucillada
Edelmiro López Iglesias, Xosé Turnes Paredes, Xoán Rodríguez Diz e Higinio Mougán Bouzón
14:30-15:00
Coloquio
15:00
Clausura da xornada
16:30-17:00
Presentación de fichas de cultivos forraxeiros en relación aos requirimentos do «Pagamento Verde»
Juan Valladares Alonso
17:00-18:00
Visita ao LIGAL
Roberto Lorenzana Fernández e Marisa Barreal
18:00-19:30
Visita aos campos de cultivos de inverno do CIAM
Luís Urquijo Zamora, Nieves Díaz Díaz e Juan Valladares Alonso