Subasta de xovencas de Rubia Galega en Allariz

Publicidade
Data inicio: 2015/05/15
Data fin: 15/05/2015
Lugar: Allariz, España

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, que preside César Dorado, celebra este venres a poxa de 9 xovencas preñadas na Granxa Valverde de Allariz, en Ourense Este é o terceiro ano que a asociación de rubia galega acode á cita ourensana, para presentar os mellores exemplares que Acruga en colaboración coa Granxa Valverde, selecciona de todos aqueles que se recrían no centro de Allariz.

Tamén este ano acode á poxa con nove becerras preñadas, de entre 25 a 28 meses de idade, seleccionadas polas súas excelentes calidades reprodutoras, xenéticas, morfolóxicas e produtoras. O prezo de saída destas xovencas será de 1.800 euros e os compradores obterán unha axuda de Caixa Rural de 200 euros pola adquisición de cada un destes exemplares.

A colaboración entre Acruga e a Granja Valverde responde a un convenio de promoción da raza e para a recría de exemplares seleccionados, ao igual que anos antes fíxose na Granxa Gayoso Castro, froito dun convenio entre a Deputación de Lugo Acruga para mellorar a raza e favorecer a expansión da rubia galega.

A poxa comezará ás doce da mañá nas propias instalacións da granxa, e dende unha hora antes, os interesados en participar poderán sacar as súas tarxetas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *