Xornada especial «Stop Velutina» en Ortigueira”

Publicidade
Data inicio: 26/07/2015
Data fin: 26/07/2015
Lugar: Fundación Ortegalia, Ortigueira, España

Domingo 26 de xullo de 11 h. a 20 h. no Museo Ortegalia de Ortigueira

Os obxectivos desta xornada son facer balance da primeira parte do programa de control da avespa asiática (vespa velutina) desenvolvido na primavera de 2015. Tamén analizar a situación actual e facer previsións ao comenzo deste verán e elaborar o programa de actividades e métodos de control a levar a cabo no verán e outono tendentes a limitar os efectos desta praga que tantos danos e alarma está causando.

Programa

No Museo Ortegalia:

– Ás 11 h.: Inauguración e presentación do programa.

– Ás 11.15 h.: Información da campaña de divulgación e captura de vespas fundadoras durante a pasada primavera. Por AGA e DAGAS.

– Ás 12 h.: Situación actual e previsión futura. Por AGA, DAGAS, 112 e apicultores afectados.

– Ás 12.30 h.: Posibilidades e mecanismos de control que se están pondo en práctica. Uso do vapor de auga. Contratación de seguros por parte de AGA. Coa intervención de concellos, empresas de control de pragas, compañía de seguros e DAGAS.

– Ás 14 h.: Xantar

No Centro Social de San Roque:

– Ás 16 h.: Elaboración do programa a levar a cabo para o verán e outono contando coa opinión dos asistentes.

– Ás 18 h.: Demostración de campo do uso de pértegas para a destrucción de niños.

– Ás 20 h.: Clausura

Máis información na web de AGA: Xornada Vespa Velutina en Ortigueira

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *