Data inicio: 14/02/2015
Data fin: 14/02/2015
Lugar: Abadín, Spain
A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes organiza o vindeiro sábado 14 de febreiro ás 10:30 en Abadín a Xornada sobre SISTEMAS DE BAIXO CUSTE PARA O CEBO DE BOVINOS DE CARNE.
Nesta xornada tratarase de coñecer os sistemas de cebo desenrolados no CIAM nas últimas décadas e debatirase con representantes do sector cárnico sobre as posibilidades de comercialización. Pola tarde faranse visitas a explotacións da zona.
A xornada vai dirixda a técnicos, gandeiros e profesionais do sector cárnico.
O aforo é limitado e prégase se realicen coa máxima antelación á inscrición chamando aos teléfonos:
686 620 154 (Eloi), 650 594 571 (Santiago) e 659 494 779 (Marcelino).