Xornada “Xuventude, medio rural e cooperativismo”

Publicidade
Data inicio: 2015/07/30
Data fin: 30/07/2015
Lugar: Bodegas Eidosela, Arbo, España

As xornadas “Xuventude, medio rural e cooperativismo” promoven as iniciativas de emprendemento levadas a cabo por mozos e mozas do medio rural que desexen incorporarse á actividade cooperativa como opción de desenvolvemento profesional.

O día 30 de xullo, o Centro da Rede Eusumo Bodegas Eidosela (situado no lugar de Eidos de Abaixo, en Sela, no municipio pontevedrés de Arbo) acollerá a segunda das xornadas do mes.

O programa das xornada iníciase cunha contextualización e promoción do emprego cooperativo xuvenil no eido rural e cun relatorio sobre os particulares da incorporación á actividade agrogandeira a tempo completo ou parcial, a cargo de David Vila (técnico de AGACA). Á súa vez, Tomás Gómez (técnico de AGACA) explicará as axudas e apoios para a incorporación xuvenil que existen a nivel institucional.

A adega Eidosela está abertas á incorporación de novos socios entre os mozos e mozas do seu entorno, de xeito que, como parte da súa xornada, cada unha delas presentará os seus servizos de apoio á incorporación.

As xornadas rematarán cunha mesa redonda que presentará algúns casos de éxito, co obxectivo de servir de exemplo e motivación e explicar as claves do seu funcionamento. Entre elas, a cooperativa Amarelante, recente gañadora do Premio á promoción do cooperativismo, exporá a súa experiencia en produción de castaña con selo de calidade Castaña de Galicia e Cume do Avia falará da elaboración de viños ecolóxicos.

As iniciativas enmárcanse na Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar e con financiamento do Fondo Social Europeo.

Os interesados poden inscribirse chamando ao 981 584783

— Xoves 30 xullo – Bodegas Eidosela
10:00 — 14:00 horas – Lugar de Eidos de Abaixo, en Sela. Concello de Arbo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *