Curso teórico-práctico de poda de froiteiras

11/02/2015 6:51 pm

O sábado, 21 de febrero de 10:00 a 14:00 impartirase o curso teórico-práctico de poda de froiteiras. Está organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio. Comezará na Casa das Insuas (Rábade) cunha breve charla sobre a poda de froiteiras e logo desprazarase ata o Xardín das Froiteiras (Rábade) para realizar traballos de poda estrutural.

O prezo do curso é de 10 € para os socios da AGCT e de 12 € para os non socios.

A inscrición pode realizarse en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630.94.82.93 (Martiño).

Etiquetas
Ir a la portada