Curso de iniciación á apicultura en Tomiño

A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso de iniciación os días 26, 27 e 28 de xuño na Casa da Cultura en Tomiño en colaboración co Concello de Tomiño.

Publicidade
Data inicio: 2015/06/26
Data fin: 28/06/2015
Lugar: Casa Da Cultura De Tomiño, Avenida de la República Argentina, O Seixo, España

A apicultura ofrece moitas posibilidades coma unha actividade multifuncional. A comarca do Baixo Miño conta con perto de 25 apicultores, con aproximadamente 700 colmeas e unha produción estimada de 15.000 quilos de mel ó ano, que se pode incrementar xa que temos moitos consumidores comarcais ávidos de consumir estes extraordinarios produtos das abellas

Para ter éxito no cultivo das abellas hai que formarse previamente. A pretensión destes cursos é formar novos abelleiros e abelleiras e tamén refrescar a adaptar os coñecementos dos abelleiros e abelleiras veteranas a unha actividade que está sufrindo un proceso de cambios acelerados.  O contido do curso inclúe unha parte teórica e unha práctica.  Os participantes adquirirán os coñecementos básicos sobre as abellas, o seu comportamento, a instalación e manexo das colmeas e a obtención dos variados produtos das abellas: o mel, o pole, o própole e a cera.

No programa dos cursos está incluída a participación nun día de campo con prácticas en colmeas, que faremos no mes de xullo en Covas, no concello de Taboada en Lugo. Alí visitaremos unha explotación apícola incluída nun proxecto de recuperación do rural que están levando a cabo uns socios de AGA. Esta actividade ten tamén como obxecto ofrecer exemplos de posibles alternativas para a xente que está pensando comezar algún proxecto no rural.

Para socios e socias de AGA o curso é gratuito e para as pesoas non socias terá un custe de 50 €. Para inscribirse é preciso poñerse en contacto con AGA nos teléfonos 981 508 142 / 981 589 534 ou por email a [email protected].

O programa completo do curso en www.apiculturagalega.es e cartaz do curso en adxuntos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *